Asansol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asansol é unha cidade da India no estado de Bengala Occidental. A segunda urbe máis importante do estado despois de Kolkata (Calcuta) sitúase a uns 200km ao noroeste da megalópole. Cabeceira dunha das principais concas mineiras do país, é por lo mesmo tamén un gran centro industrial do ferro e aceiro e nudo ferroviario de primeira orde (fabricación de locomotoras). Conta cunha poboación nos seus límites administrativos de 475.439 habitantes (censo de 2001) e unha área metropolitana de 1.067.369h.

Nunha rexión, a do val do río Damodar, de antigo poboamento foi centro activo do xainismo fai dous mil cincocentos anos con templos de diferentes épocas espallados pola zona. En 1774 dous británicos da Compañía das Indias Orientais descubriron carbón na área e a súa historia tomou o curso que a ten levado a se converteres no centro dunha gran conurbación mineiro-industrial (Asansol-Dhanbad-Durgapur-Bokaro) con máis de seis millóns de habitantes e un rápido crecemento.