As Palmas de Gran Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°6′0″N 15°25′0″W / 28.10000°N 15.41667°W / 28.10000; -15.41667

As Palmas de Gran Canaria
Escudolaspalmasgc.png
Collage Las Palmas de Gran Canaria.jpg
Situación xeográfica
As Palmas en Provincia das Palmas
As Palmas
As Palmas
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia As Palmas
Illa Gran Canaria
Xeografía
Altitude 8 msnm
Superficie 100,55 km²
Poboación
Poboación 383.308 hab. (2010)
Densidade 3.812,11 hab./km²
Xentilicio palmense[1]
Información
Código postal 35001-35020
Alcalde Juan José Cardona (PP)
Páxina web www.laspalmasgc.es
Vista do Auditorio Alfredo Kraus na praia de Las Canteras

As Palmas de Gran Canaria[1][2] é unha cidade española e concello, situado na costa nordeste da illa de Gran Canaria, capital da provincia das Palmas, unha das cidades co-capitais da comunidade autónoma das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e o principal centro urbano do arquipélago das Canarias, cunha área de 100,55 km² e unha poboación de 383.308 habitantes (2010).

Xeralidades[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada o 24 de xuño de 1478 co nome de Santa María del Real de Las Palmas, por Juan Rejón, xefe das tropas invasoras castelás, que se enfrontarían aos guanches (poboación indíxena das illas Canarias). En 1492, Cristovo Colón ancorou no porto de Las Palmas, na súa primeira expedición a América.

Las Palmas é hoxe unha cidade cosmopolita. Ten tres praias (Las Canteras, Las Alcaravaneras e San Cristóbal) e un gran porto (Puerto de la Luz) - importante durante o período 1970-1990 (no que se beneficiou avantaxadamente do pechamento do Canal de Suez, como consecuencia da guerra árabe-israelí de 1973). Debido á súa situación como nexo de tres continentes, e á súa relevancia como punto turístico, innúmeros traballadores estranxeiros emigraron e se asentaron na cidade. Mercadores e viaxeiros procedentes de África, China, Europa occidental, Rusia e Oriente Medio pululan misturados polas rúas da cidade e os centros comerciais da urbe. As comunidades coreana e india son as maiores da cidade, aínda que a maioría dos individuos adquiriron a nacionalidade española co paso dos anos.

Segundo un estudo efectuado por Thomas Whitmore, director de investigacións climatolóxicas da Universidade de Syracuse (USA), a cidade de Las Palmas de Gran Canaria goza do mellor clima do mundo.

A principal festa (Festas de San Xoán), o 24 de xuño, conmemora ao tempo a data da fundación da cidade.

O Entroido das Palmas de Gran Canaria é amplamente coñecido non só en España, senón no resto do mundo, é constitúe unha das máximas atraccións turísticas.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • A catedral, comezada a inicios do século XVI e rematada no XIX. É a sede do bispado das illas Canarias.
  • A Casa Colón, antigo pazo dos primeiros gobernadores da illa, onde se hospedou Cristovo Colón; na actualidade acolle un museo dedicado ás expedicións para o novo mundo.
  • O Museo Canario, conserva importantes vestixios da época dos guanches.
  • O Paseo de las Canteras, avenida que se estende ao longo da fermosa praia urbanas Las Canteras.
  • O Centro Atlántico de Arte Moderno.
  • A fortificación do Castillo de la Luz, construída no século XVI, para protexer a cidade dos ataques dos piratas. Emprégase hoxe para albergar exposicións temporais.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para palmense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Palmas de Gran Canaria