The Hours (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «As Horas»)

The Hours
Ficha técnica
Título orixinalThe Hours
DirectorStephen Daldry
ProdutorScott Rudin
Robert Fox
GuiónDavid Hare
IntérpretesMeryl Streep
Julianne Moore
Nicole Kidman
Ed Harris
Miranda Richardson
MúsicaPhilip Glass
FotografíaSeamus McGarvey
MontaxePeter Boyle
Estrea2002
Duración114 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$25,000,000
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-hours
IMDB: tt0274558 Filmaffinity: 530432 Allocine: 29157 Rottentomatoes: m/hours Mojo: hours Allmovie: v272631 TCM: 439834 Metacritic: movie/the-hours TV.com: movies/the-hours Netlix: 60025007Editar o valor em Wikidata

The Hours é un filme baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.

Sinopse[editar | editar a fonte]

The Hours é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela Mrs. Dalloway.

Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai dos Ánxeles de finais da segunda guerra mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesar de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.

Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.

Nicole Kidman interpreta a Virginia Woolf.

Premios[editar | editar a fonte]

Óscar 2002[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Candidato
Mellor director Stephen Daldry Candidato
Mellor guión adaptado David Hare Candidato
Mellor actriz Nicole Kidman Gañadora
Mellor actor secundario Ed Harris Candidato
Mellor actriz secundaria Julianne Moore Candidata
Mellor vestiario Ann Roth Candidata
Mellor montaxe Peter Boyle Candidato
Mellor banda sonora Philip Glass Candidato