As Bacantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Bacantes (ou Báquides) é o título dunha traxedia de Eurípides datada no ano -409 e representada en -406, tras a morte do seu autor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Argumento[editar | editar a fonte]

Contexto[editar | editar a fonte]

O deus Dioniso era fillo de Zeus e un mortal, Sémele, filla á súa vez de Cadmo, o rei fundador de Tebas. Tras as súas viaxes por toda Asia, Dioniso chega a Tebas, cidade na que se negaba a súa condición de deus, acompañado por un coro de adoradoras, chamadas bacantes ou ménades. As irmás da súa nai difundiran o rumor de que Sémelle se deitou con algún mortal e que Zeus a fulminara por inventar a historia de que se deitou con el. Por iso, Dioniso as fixera tolear e agora practicaban tamén ritos a Dioniso como bacantes. O rei Penteo, neto de Cadmo, tampouco lle ofrece libacións. Dioniso chegaba coa intención de demostrar que el é un deus.

Tiresias e Cadmo defenden o culto a Dioniso[editar | editar a fonte]

Cadmo e o adiviño Tiresias, ambos anciáns, dispóñense a participar nos ritos en honra a Dioniso. Penteo chega explicando como as mulleres de Tebas participaron neses ritos e tras beber viño entregáronse á luxuria, polo que ordenou apresalas, así como a un estranxeiro que é o que está a difundir a crenza de que Dioniso é un deus. Tiresias explícalle como Dioniso foi o que inventou o viño e que con esa bebida prodúcese o doce pracer do soño e o esquecemento dos males. Así mesmo, engade que o mito de que naceu da coxa de Zeus é en realidade unha deformación da realidade, xa que o que ocorreu é que Zeus formou unha pantasma de Dioniso que ofreceu como refén a Hera e, pola similitude das palabras refén e coxa (hómeros e merós), xestouse o mito. Ademais, sinala que se algunhas mulleres se entregan á luxuria, iso non é culpa dos ritos, senón do seu propio carácter. Cadmo, ademais, trata de facer comprender ao seu neto que os que se cren mellores que os deuses sofren castigos divinos.

Dioniso é capturado[editar | editar a fonte]

Penteo non atende ás razóns de ambos e aprema aos seus serventes para que capturen ao estranxeiro que vai difundindo o culto a Dioniso. O estranxeiro, que resulta ser o propio Dioniso, é capturado, sen que opuxese resistencia, e encadeado. Con todo, as bacantes escapáronse como por encantamento. Penteo interroga a Dioniso. Éste dille que é da rexión de Lida e que foi iniciado no culto a Dioniso polo mesmo deus, pero négase a dicirlle que tipo de ritos son os que practica e que aspecto ten Dioniso. Penteo dille que será castigado; cortaranlle o pelo, requisaralle un tirso que leva consigo e será levado a prisión.

Ruína do palacio[editar | editar a fonte]

As bacantes laméntanse de que Dioniso estea encerrado e cren que pronto serán capturadas. Con todo, son chamadas por Dioniso, que se liberou do seu peche e saen do palacio, que está a piques de se derrubar. Explica ás bacantes o que sucedeu: fora atado xunto a un touro e nese momento o deus foi o que provocou un terremoto que fixo tremer o palacio até deixalo en estado de ruína, prendeu o lume ao sepulcro da súa nai e creou unha pantasma que Penteo tentou matar coa equivocada idea de que era o prisioneiro.

Prodixios das bacantes[editar | editar a fonte]

Penteo aparece sorprendido por todo o ocorrido e ve que Dioniso se liberou. Chega nese momento un mensaxeiro que explica a Penteo que tres coros de bacantes, dirixidas por Autónoe, Ágave (a propia nai de Penteo) e Ino, foran achadas durmindo e sen signos de luxuria. Cando espertaron fixeron brotar unha fonte de auga, outra de viño, un río de leite e mel do extremo dos seus tirsos. Os boieiros e pastores trataran de facer cumprir as ordes de Penteo e capturar as bacantes, mais estas reaccionaran e armadas cos seus tirsos descortizaran vacas e touros, saqueado dúas aldeas e ferindo os aldeáns, sen sufrir elas o menor dano. A continuación, regresaron onde fixeran brotar as fontes, para lavarse e que unhas serpes lles limpasen as fazulas coa súa lingua.

Penteo ante as bacantes[editar | editar a fonte]

O mensaxeiro insta ao seu rei a que, en vista de tales prodixios, se apresure a recoñecer a Dioniso como deus, pero Penteo non cede e prepara o seu exército para matar ás bacantes, con todo vacila ante a posibilidade de que as bacantes sigan realizando prodixios e fagan fuxir ao exército. Penteo sente agora curiosidade por ver cos seus propios ollos o comportamento das bacantes e Dioniso indícalle que para poder facelo sen perigo deberá porse roupas de muller. Vestido así, é conducido por Dioniso até o monte Citerón onde se achan as bacantes. Un mensaxeiro relata a morte de Penteo: Dioniso alzara ao rei para que este subira ás ramas dun abeto para observar ás bacantes. Entón estas últimas foron arengadas por Dioniso para que se vingasen do rei. As bacantes arroxáronlle pedras e arrincaron o abeto da terra. Penteo caeu ao chan e pediu á súa nai Ágave que o recoñecese e non o matase, pero estaba posuída por Dioniso e ela e o resto das bacantes, mataron e descortizaron ao rei. O coro de bacantes chega con Ágave a palacio, coa cabeza de Penteo. Ágave mostra aos tebanos a cabeza do que ela cre que é un animal salvaxe. Tras escoitar a Cadmo, Ágave entra en razón e comprende o crime que cometeu por mor de que ela, como Penteo, non recoñecían a Dioniso como divos. Por último aparece Dioniso e di que Cadmo será transformado en dragón e a súa esposa Harmonía en serpe e tras comandar un exército e devastar cidades serán conducidos por Ares ás illas dos Benaventurados. Ágave e as súas irmás son desterradas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eurípides. Tragedias III. Edición de Juan Miguel Labiano. Madrid, Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1833-9.