Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de xuño de 2014 ás 21:54 por Dodro (conversa | contribucións)

Coordenadas: 42°55′37″N 08°09′56″O / 42.92694, -8.16556

Arzúa
Escudo de Arzúa
Camiño de Santiago.
Situación
Xentilicio[1]arzuán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Arzúa
Poboación6.276 hab. (2013)[2][3]
Área155,4 km²[3]
Densidade40,39 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Capital do concelloArzúa
Política (2011)
AlcaldeXosé Luís García López (BNG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Arzúa
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,40%
Na rede
concellodearzua.org
editar datos en Wikidata ]

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á Comarca de Arzúa. Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.

Segundo o IGE en 2013 tiña 6.276 habitantes.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arzuán.

Xeografía

Demografía

Evolución da poboación de Arzúa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.036 8.743 10.754 7.377 6.632 6.490 6.328 6.315 6.276 {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo Total 6.276
Menos de 16 anos 619 (9,86 %)
Entre 16 e 64 anos 3.821 (60,88 %)
Máis de 64 anos 1.836 (29,25 %)

Cultura

Toponimia

Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Ptolomeo na súa Xeografía do século II despois da era actual. Segundo Manuel C. Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa,(Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa[6]. Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou: aream sudam: espazo soleado, Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX[7].

Etnografía

Festas e celebracións

Festa do queixo.

En Arzúa celébranse sendas feiras mensuais, os días 8 e 22; mais existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como pode ser a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:

  • Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
  • Feira do cabalo : 3 de xullo.
  • Feira de artesanía : 22 de xullo.
  • Primeira Feira dos Cans de Caza : último domingo de setembro.
  • Segunda Feira de Cans de Caza : primeiro domingo de outubro.
  • Feira do Capón : 22 de decembro.

A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro[8]. En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:

  • Festa do Roscón de Pascua: en Arzúa o sábado de Pascua.
  • Festa dos Botes: Arzúa, Arzúa o segundo domingo de agosto.
  • Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
  • Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
  • Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
  • Festa das castañas: no Rendal, o 31 de outubro.

Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:

  • San Sebastián, en Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
  • San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
  • As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
  • Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
  • Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
  • Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
  • Corpus Christi,
  • Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
  • San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
  • San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema o 29 de xuño.
  • San Paio, en Preguntoño e Figueiroa o 26 de xuño.
  • Santa Margarida en Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
  • Nosa Señora do Carme,
    • en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
    • en Figueiroa o 1 de agosto.
    • en Santa María o domingo seguinte ó 15 de agosto.
    • en Pantiñobre o 27 de decembro.
  • San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
  • Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
  • San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
  • Santa María, en Arzúa, Dodro, Castañeda e Rendal o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
  • Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
  • Festa da Mota,
    • en Santo Estevo do Campo
    • San Bartolomeu - Mota Pequena o 24 de agosto
    • San Mateo - Mota Grande o 21 de setembro
    • San Simón o 28 de outubro
  • San Salvador, en Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
  • Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
  • Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
  • San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
  • Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
  • San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
  • O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
  • Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
  • Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
  • San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
  • Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
  • Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.

Gastronomía

Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Arzúa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Porén aparece escrito Arzua nun documento de 1245, segundo o Inventario Toponímico da Galicia Medieval
  7. Arzúa non foi Araduca, no blog A Nosa Historia (3-6-2009).
  8. Cultura, na páxina web do concello de Arzúa.

Véxase tamén

Outros artigos

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa

Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.