Aryabhata (satélite)
- Véxase tamén: Aryabhata (homónimos).
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Experimental. |
| Fabricante | |
| Organización | Indian Space Research Organisation |
| Data de lanzamento | 19 de abril de 1975[1][2][3] |
| Foguete portador | Intercosmos II[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
| Obxectivo da misión | Experimental.[2] |
| Decaemento | 11 de febreiro de 1992[1] |
| NSSDC ID | 1975-033A |
| Masa | 360 kg[2][4][5] |
| Potencia | 46 W[2][4] |
Aryabhata foi o primeiro satélite artificial fabricado pola India. O nome provén do matemático e astrónomo hindú Aryabhata (476 - 550). Foi lanzado pola antiga Unión Soviética a bordo dun foguete Cosmos-3M (Kosmos 11K65M) desde o Cosmódromo de Kapustin Yar o 19 de abril de 1975. O satélite foi fabricado pola Axencia India de Investigación Espacial (ISRO).
As operacións científicas do satélite consistían en experimentos sobre astronomía de raios X, o estudo das capas altas da atmosfera terrestre e sobre física solar. O satélite tiña forma de polígono de 26 caras, cubertas por paneis solares excepto a cara inferior a cara superior; a masa total do corpo era de 360 kg. Tras catro días en órbita, un fallo de enerxía inutilizou o satélite para proseguir cos experimentos, e a os cinco días de estar en órbita deixáronse de recibir sinais del.
A reentrada na atmosfera produciuse o 11 de febreiro de 1992.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "ARYABHATA" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=7752. Consultado o 20 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Aryabhata" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1975-033A. Consultado o 20 de decembro de 2011.
- ↑ Rikhi JAIPAL (24 de xullo de 1975). "Letter dated 10 July 1975 from the Permanent Representative of India to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (75-14535). http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=809.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Aryabhata 1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/aryabhata-1.htm. Consultado o 20 de decembro de 2011.
- ↑ "Aryabhata" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/arybhata.htm. Consultado o 20 de decembro de 2011.