Arwen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arwen Undómiel»)
Representación de Arwen

Arwen (traducido do sindarin como «doncela nobre»),[1] tamén chamada Undómiel («estrela da tarde»), é un personaxe ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É unha peredhil ou medio elfa, filla de Elrond e Celebrían, irmá de Elladan e Elrohir e tataraneta de Lúthien Tinúviel.[2][3]

Durante séculos viviu entre Valfendido, o refuxio e fogar do seu pai, e Lothlórien, a terra natal da súa nai. Uns anos antes de que rematase a Terceira Idade do Sol, época na que se desenvolve a novela, coñeceu ó dúnedain Aragorn nos bosques de Valfendido e namoráronse o un do outro.[4] Por el renunciou á inmortalidade propia da súa metade élfica para converterse na súa esposa e na raíña consorte do Reino Unificado de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel.[5][6]

Adaptacións a outros medios[editar | editar a fonte]

Liv Tyler, a actriz que interpreta a Arwen na triloxía cinematográfica de O Señor dos Aneis

Nos filmes de Peter Jackson The Fellowship of the Ring, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Arwen toma un gran protagonismo, superior ó que ten na novela, pois ós autores do guión parecíalles necesario «feminizar» un tanto o argumento, demasiado cargado de personaxes masculinos. En particular, resultou controvertido que substituíse ó personaxe de Glorfindel na escena do vao de Bruinen.

O papel de Arwen nestes filmes é interpretado pola actriz Liv Tyler.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lena. "nomes compuestos sindarin en la Tierra Media" (PDF). GeoCities. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #144". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1. 
  3. CARPENTER, Humphrey (1993). "Carta #153". Las cartas de J. R. R. Tolkien. col. Christopher Tolkien, trad. Rubén Masera. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7121-1. 
  4. TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Apéndice A: anales de los reyes y los gobernantes - I. Reyes númenóreanos: (v) Un fragmento de la historia de Aragorn y Arwen extraído de los anales de los reyes y los gobernantes". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3. 
  5. TOLKIEN, J. R. R. (1993). "El senescal y el rey". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3. 
  6. TOLKIEN, J. R. R. (1993). "Numerosas separacións". O Señor dos Aneis. il. Alan Lee, trad. Luis Domènech y Matilde Horne. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7179-3.