Arum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aros (xénero Arum)

Arum palaestinum
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Monocotiledóneas
Orde: Alismatales
Familia: Araceae
Subfamilia: Aroideae
Tribo: Areae
Xénero: Arum L.
Species

Ver secc.

Modelo histórico no Museo Botánico de Greifswald

Os aros,[1] Arum, son un xénero de arredor de 25 especies de plantas con flor da familia Araceae, nativas de Europa, África do norte, o oeste de Asia, coa máis alta diversidade de especies na rexión do Mediterráneo. En Galiza aparece brava a especie Arum italicum chamada herba das anadas.

Son perennes, rizomatosas e herbáceas que medran entre 20 e 60 cm de altura, con follas saxitadas de entre 10 e 55 cm de longo. As flores atópanse nun espádice, envolto nunha espata de 10–40 cm de longo que pode ser branca, amarela, castaña ou púrpura. O fruito é unha baga, laranxa brillante ou vermella intensa.

As partes todas da planta son velenosas,[2] contendo cantidades significativas de ácido oxálico ou ráfides.

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Nelson, L. et al (2007) Handbook of Poisonous and Injurious Plants. New York Botanical Garden.
  3. Nomes comúns galegos en Guía de plantas medicinais de Galicia. Vigo, Galaxia, 1996; e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004