Arturo Rey Juncal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Rey Juncal
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento31 de outubro de 1935
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosBenigno Rey Pavón
editar datos en Wikidata ]

Arturo Rey Juncal, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 31 de outubro de 1935[1], foi un reloxeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reloxeiro. Foi concelleiro republicano en Pontevedra durante a Restauración. Masón, membro da loxa Helenes nº 7 co nome simbólico de Víctor, foi detido en 1930 por participar en reunións masónicas e multado con 250 pesetas. Formou parte, con Amancio Caamaño e Maximiliano Pérez Prego, da comisión encargada de establecer unha alianza entre republicanos e forzas esquerdistas locais en marzo de 1931. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que trouxeron a República foi elixido concelleiro polo distrito de Santa Clara e ocupou o cargo de tenente-alcalde até a destitución da Corporación en outubro de 1934. Rexeitou o ofrecemento para presidir a Deputación de Pontevedra e só aceptou o posto de deputado provincial. Era directivo do consello local de Izquierda Republicana.

Foi pai de Benigno Rey Pavón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El País, 1-11-1935, p. 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]