Arturo Noguerol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa na casa onde viviu Noguerol, en Ourense

Arturo Noguerol Buján, nado en Ourense o 6 de maio de 1892 e asasinado en Ferrol o 12 de setembro de 1936, foi un intelectual galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ourense e licenciouse en dereito na Universidade de Salamanca. Amigo de Vicente Risco participou na publicación La Centuria que foi de vital importancia para o paso dunha xeración de intelectuais ourensáns ao galeguismo das Irmandades da Fala que daría orixe á Xeración Nós. En 1918 foi un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense. Colaborou en A Nosa Terra e na revista Nós. Foi secretario de administración local e exerceu no Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes. Cando era secretario do concello de Serantes foi detido, oficialmente por propalar noticias tendenciosas, tras a sublevación de xullo de 1936. Foi paseado, aparecendo o seu corpo nun foxo da estrada de Ferrol á Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Parolas sobre a propiedá, 1918 (publicado en La Región).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]