Arturo Lezcano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Lezcano Fernández, nado en Ourense en 1939, é un xornalista e escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Foi redactor xefe e director de Ferrol Diario, traballando en La Voz de Galicia até a súa xubilación. Colabora habitualmente neste xornal e é vicepresidente da Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz. Como profesional asinou ano tras ano unha columna diaria, exerceu a crítica cinematográfica e mais a literaria, e asemade unha páxina semanal de divulgación do cinema. Paralelamente foi cofundador e secretario dos cine clubes Miño, en Ourense e Zoom, en Ferrol.
[editar] Obras
[editar] Narrativa
[editar] Ensaio
- Vicente Risco, Xunta de Galicia.
- Risco segundo Risco, Galaxia.
- Ourense, cittá aperta, 1999.
- Unha agonía para unha expresión de seu.
- Ferrol Diario (1969-1981).
[editar] Obras colectivas
- Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, 1993, Galaxia. Coordinado por Antón Risco.
- Para ler a Vicente Risco, 1997, Galaxia. Con Carlos Casares e Antón Risco.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.