Artródiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artródiros
(Arthrodira)

Rango fósil: silúrico superior (?) - devónico superior
Reconstrución de Dunkleosteus terrelli
Reconstrución de Dunkleosteus terrelli
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Clase: Placodermi
Orde: Arthrodira
Woodward, 1898
Subordes e infraordes
  • Ver texto

Os artródiros (Arthrodira) son unha orde de peixes acoirazados pertencente á clase dos placodermos, que predominou no período devónico e se extinguiu a finais deste, sobrevivindo ao redor de 50 millóns de anos e habitando en moitos nichos ecolóxicos mariños.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico Arthrodira componse dos elementos arthro-, derivado do grego antigo ἄρθρον árthron, 'articulación', 'xoga', e -dira, tirado do grego δειρή deiré, 'pescozo', coa terminación en -a para indicar substantivo neutro plural. O significado é, pois, os de pescozo articulado.

A pronuncia do ditongo -ει- é /i/, polo que se transcribe en latín como -i- (breve). Por iso, segundo as normas da prosodia latina, o acento tónico recae na vogal da sílaba anterior, neste caso no "o" de arthro-, polo que resulta una voz proparoxítona (esdrúxula), sendo por tanto a súa pronuncia en galego artródiros.

Características[editar | editar a fonte]

Reconstrucíón dunha especie de Dunkleosteus.
Reconstrución de Rolfosteus canningensis.

Os artródiros tiñan unha armadura que rodeaba o corpo, incliuíndo a cabeza. A boca podía ter unha gran apertura. Carecían de dentes diferenciados; como todos os placodermos utilizaban os bordos dunhas placas óseas afiadas para cortaren as súas presas.

As concas oculares estaban protexidas por un annel óseo, unha característica compartida polas aves e algúns ictiosauros.

Artródiros primitivos, tales como os do xénero Arctolepis, eran peixes de estrutrura aplanada.

O maior membro do grupo, Dunkleosteus, foi un verdadeiro superdepredador do período devónico, alcanzando entre 6 e 9 m de lonxitude. En contraste, o Rolfosteus, de longo nariz, medía só uns 15 cm.

Hai una idea falsa común de que os artródiros (xunto con todos os outros placodermos) eran lentos habitantes dos fondos mariños que foron excluidos por peixes máis avanzados. Porén, durante o seu apoxeo, os artródiros foron unha das ordes de peixes máis diversos e numéricamente exitosos.

Pero a pesar do seu éxito, os artródiros foron un dos moitos grupos eliminados polas catástrofes ambientais da extinción do devónico superior, o que permitiu que outros peixes, como os tiburóns, se diversificaran nos nichos ecolóxicos vacantes durante o período carbonífero.

Clasificación sistemática[editar | editar a fonte]

Orde Arthrodira[editar | editar a fonte]

Fósil de Eastmanosteus calliaspis.
Coccosteus.
Reconstrución de Heterosteus ingens, do devónico medio de Estonia.
Reconstrución de Yiminaspis shenme.

Xéneros incertae sedis[editar | editar a fonte]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma está baseado en Dupret et al. (2009).[1] Para fontes, véxase Haaramo (2005).[2]

Ichthyosauria

Lunaspis broilii



Eurycaraspis incilis


Arthrodira

Yujiangolepis liujingensis




Antarctaspis mcmurdoensis



Wuttagoonaspidae

Yiminaspis shenme



Wuttagoonaspis fletcheri






Aethaspis major



Aethaspis utahensis






Lehmanosteus hyperboreus





Aleosteus eganensis



Simblaspis cachensis






Kujdanowiaspis buczacziensis



Kujdanowiaspis podolica






Erikaspis zychi



Sigaspis lepidophora





Eskimaspis heintzi




Baringaspis dineleyi



Proaethaspis ohioensis





Anarthraspis chamberlini



Heightingtonaspis anglica


Phyllolepida

Gavinaspis convergens




Phyllolepis orvini



Austrophyllolepis sp.



Cowralepis mclachlani



Placolepis budawangensis











Actinolepidae

Bollandaspis woschmidti




Actinolepis spinosa




Actinolepis magna



Actinolepis tuberculata







Bryantolepis brachycephalus


Phlyctaenioidei
Phlyctaeniidae

Phlyctaenius acadicus



Pageauaspis russelli





Groenlandaspidae

Groenlandaspis antarctica



Tiaraspis subilis




Arctaspidae

Dicksonosteus arcticus



Arctolepidae

Arctolepis decipiens



Heintzosteus brevis





Brachythoraci

Antineosteus lehmani




Buchanosteus confertituberculatus



Coccosteus cuspidatus














Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase Dupret, V. et al. (2009).
  2. Véxase Haaramo, M. (2005).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Artródiros

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Haaramo, Mikko (2005): Mikko's Phylogeny Archive: †Arthrodira. Versión de 2005-NOV-15. †Arthrodira Consultada o 24/10/2012.
  • Dupret, V.; Zhu, M. I. N.; Wang, J. N. Q. (2009): "The morphology ofYujiangolepis liujingensis(Placodermi, Arthrodira) from the Pragian of Guangxi (south China) and its phylogenetic significance". Zoological Journal of the Linnean Society 157: 70. [1] Consultada o 24/10/2012.
  • Long, John A. (1996): The Rise of Fishes: 500 Million Years of Evolution. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5438-5
  • Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera" (Placodermi entry). Bulletins of American Paleontology 364: 560.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]