Articulacións interfalánxicas da man
| Articulacións interfalánxicas | |
|---|---|
| Ligamentos e articulacións metacarpo-falánxicas e interfalánxicas. | |
| Latín | articulationes interphalangeae manus |
| Gray's | asunto #91 333 |
As articulacións interfalánxicas da man son un conxunto de articulacións que artellan as falanxes entre si, unindo a falanxe proximal coa falanxe intermedia e esta ca falanxe distal. As articulacións máis superiores ou proximais (falanxe proximal e intermedia) son moi semellantes ás inferiores ou distais (falanxe intermedia e distal), pero posúen unha maior mobilidade.
Permiten movementos de flexión e extensión. A flexión prodúcea o músculo flexor común fondo dos dedos da man ao actuar sobre a articulación proximal e distal e a través do músculo flexor común superficial actuando sobre a falanxe proximal. O dedo polgar flexiónao o músculo flexor longo do polgar.
A flexión prodúcena nos dedos II a V os músculos interóseos da man e os músculos lumbricais. No caso do dedo polgar, exténdeo o músculo extensor longo do polgar.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.