Articulación témporo-mandibular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista lateral da articulación temporomandibular no primeiro plano.

A articulación temporo-mandibular humana é unha articulación entre o maxilar inferior e o temporal, na que se artellan:

  • Cóndilo da mandíbula
  • Cavidade articular do temporal

Esta articulación é fundamental para a masticación, xa que permite mover a mandíbula.

Movementos da articulación[editar | editar a fonte]

  • Elevación e descenso
  • Proxección cara adiante e cara atrás
  • Lateralización

Ligamentos articulares[editar | editar a fonte]

  • Cápsula articular: contornea as superficies óseas.
  • Ligamento temporo-mandibular: é o ligamento de maior entidade.
  • Ligamento estilo-maxilar: forma parte do Ramallete de Riolano. Provén da apófise estiloide e chega ó maxilar inferior.
  • Ligamento esfeno-maxilar: provén da espiña do esfenoide.

Músculos da articulación[editar | editar a fonte]

  • Depresores: ventre anterior do digástrico, milohioideo. Accesoriamente tamén o xenihioideo.
  • Elevadores: temporal, maseter, pterigoideo interno
  • Proxectores cara adiante: os dous pterigoideos externos contraéndose simultaneamente.
  • Proxectores cara atrás: digástrico, fibras horizontais do temporal
  • Lateralizadores: os pterigoideos internos e, sobre todo, os externos, contraéndose alternativamente dun só lado.