Articulación interparietal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

É a articulación que na liña media da calota cranial artella os dous parietais, tamén denominada sutura saxital. Ó igual cá sutura coronal, é inmóbil, sen músculo nin cartilaxe. No punto no que se achega á sutura coronal fórmase o bregma. A unión de ambos ósos permite o peche do teito do cranio.