Artur da Costa e Silva
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1899 Taquari (Estados Unidos do Brasil) | ||||||||||
Morte | 17 de setembro de 1985 (85 anos) Río de Xaneiro (Ditadura militar no Brasil) | ||||||||||
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) | ||||||||||
Cargos | |||||||||||
Presidente do Brasil | |||||||||||
Período | 15 de marzo de 1967 31 de agosto de 1969 | ||||||||||
Antecesor | Humberto de Alencar Castello Branco | ||||||||||
Sucesor | Emílio Garrastazu Médici | ||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | Brasil | ||||||||||
Educación | Academia Militar das Agulhas Negras (pt) | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Ocupación | militar | ||||||||||
Partido político | Aliança Renovadora Nacional - ARENA | ||||||||||
Lingua | Lingua portuguesa | ||||||||||
Carreira militar | |||||||||||
Rama militar | Exército Brasileiro (pt) | ||||||||||
Rango militar | mariscal | ||||||||||
Conflito | Revolta dos 18 do Forte de Copacabana (pt) , Revolução Constitucionalista de 1932 (pt) e segunda guerra mundial | ||||||||||
Familia | |||||||||||
Cónxuxe | Iolanda Barbosa Costa e Silva | ||||||||||
Premios | |||||||||||
Lista
|
Arthur da Costa e Silva, nado en Taquari o 3 de outubro de 1899 e finado no Río de Xaneiro o 17 de setembro de 1985, foi un militar e político brasileiro, presidente do seu país entre 1967 e 1969.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de comerciantes portugueses da Illa da Madeira, iniciou a súa carreira militar en Porto Alegre. En 1918 foi para a Escola Militar de Realengo, na cidade do Río de Xaneiro.
En 1952 acadou o grao de xeneral, atinxindo o posto máximo de Xeneral de Exército en 1961. Durante o goberno de João Goulart participou da represión de movementos estudantís, e foi afastado do comando do IV Exército. Despois de 1963 participou da conspiración que derribou João Goulart a través dun golpe de Estado e levou ó poder o mariscal Humberto de Alencar Castello Branco. No goberno deste foi Ministro da Guerra e aliñouse cos militares da chamada "liña dura".
Postulouse candidato á sucesión de Castello Branco e foi elixido polo Congreso como o seu sucesor, asumindo o goberno o 15 de marzo de 1967. Durante o seu goberno intensificáronse as manifestacións contra o réxime militar, principalmente de estudantes universitarios e de colexios, respondidas a través de máis endurecemento do réxime e represión.
O 31 de agosto de 1969 Costa e Silva sufriu un derramo cerebral e foi afastado do goberno. Finou 17 de decembro de 1985.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Iolanda Barbosa Costa e Silva, filla dun militar.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Humberto de Alencar Castello Branco |
Artur da Costa e Silva | Precede a: Emílio Garrastazu Médici |
ARENA |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Presidência da República Federativa do Brasil - Galeria de Presidentes". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2009.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Artur da Costa e Silva |