Arteria cubital colateral superior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arteria braquial fonda e as súas pólas

A arteria cubital colateral superior é unha arteria do membro superior, de pequeno tamaño. Pode orixinarse na parte media da arteria umeral ou na parte superior da arteria umeral fonda. A arteria fura o septo intermuscular medial do brazo, xunto co nervio cubital. Descende pola parte medial do tríceps braquial, entre o epicóndilo medial e o olécranon, acompañada polo nervio cubital. Pasa por debaixo do músculo flexor ulnar do carpo e se anastomosa coa arteria cubital recorrente posterior e coa arteria cubital colateral inferior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.