Arteria circunflexa umeral anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arteria circunflexa umeral anterior é unha arteria do membro superior humano, pertencente á axila. É unha póla colateral da arteria axilar. Orixínase na superficie lateral do terceiro segmento da arteria axilar. Esténdese pola zona anterior do pescozo cirúrxico do úmero e anastomósase coa arteria circunflexa umeral posterior. A circunflexa umeral anterior dá diversas pólas para abastecer a articulación glenoumeral e a cabeza umeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)