Artemis Chasma
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artemis Chasma | |
|---|---|
| Imaxe da depresión semi-circular de Artemis Chasma. | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Chasma |
| Accidente xeolóxico de | Venus |
| Diámetro | 2.600 km [1] 2.100 km [2] |
| Profundidade | 2,5 km [2] |
| Coordenadas | 35° S 135° E[1] (coor. da Corona) |
| Procedencia do nome | deusa grega da lúa, outeiros, da caza, da virxindade.[1] |
Artemis Chasma é unha gran fractura de forma semicircular da superficie do planeta Venus, que engloba boa parte da Artemis Corona, da que forma parte e a cal está asociada, de feito boa parte da marxe ou borde da Corona esta formado pola depresión da Chasma. A depresión ten unha media de 120 km de ancho, que baixa formando numerosos chanzos e fracturas concéntricas, que gardan a forma circular do conxunto da depresión; a depresión acada medias de 2,5 km de profundidade, respecto das cristas do borde da Chasma.
Recibe o nome en honra a deusa grega da caza, da lúa, dos bosques, da virxindade (é un longo ecetera).
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names:Corona, coronae: Artemis Corona on Venus". http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/401?__fsk=187477321. Consultado o 20-01-2012.
- ↑ 2,0 2,1 NASA/JPL. "PIA00101: Artemis Corona (C2-MIDR)". http://photojournal.jpl.nasa.gov/catalog/PIA00101. Consultado o 20-01-2012.