Arte budista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garbhadhatu (sánscrito) ou Taizo-kai (xp.) - mandala.

A Arte budista ten a súa orixe no subcontinente indio (actuais India, Bangladesh e Pakistán) nos séculos posteriores á vida do Siddhartha Gautama histórico, entre os séculos VI e V a.C. Máis tarde, grazas á mestura con outras culturas, logrou desenvolverse e difundirse polo resto de Asia e o mundo.

Unha primeira etapa, chamada preicónica, sitúase arredor do século I e caracterizase por non recorrer a representacións directas de Siddhartha Gautama como o Buda Śākyamuni ou dos budas míticos que se supón existiron en eras pasadas. A etapa seguinte, icónica, ten pola contra á imaxe humana do Buda e os budas do pasado, do futuro e doutros universos como símbolo central das súas obras de arte.

Dende entón, a arte budista diversificouse e evolucionou para adaptarse ás novas rexións nas que comezaba a sumar adeptos. Expandiuse cara o leste e o norte a través de Asia Central, para formar o que logo foi clasificado como arte budista do norte —en contraposición ó arte budista do sur, que xurdiría máis ó sudeste de Asia. Na India, a arte budista floreceu e incluso chegou a influír no desenvolvemento da arte hindú, ata que o budismo case desapareceu ó redor do século X, coa expansión do hinduísmo e o Islam.

Etapa preicónica (século V - século I a.C.)[editar | editar a fonte]

Gran Estupa en Sanchi, India.
Pegada de Buda, Século I, Gandhara. Templo ZenYouMitsu, Tokio.

As primeiras manifestacións claras de arte budista datan do reinado de Aśoka, durante o Imperio Mauria (322 - 180 a.C.), no que se construíron numerosos estupas (un estilo de templos budistas), como o de Sanchi, e erixíronse varios alicerces. Estes últimos tiñan terminacións con formas de animais e estaban decorados con símbolos budistas (como a roda), que evocaban respecto cara a todas as criaturas e a aceptación do darma.

Entre o século II e o século I a.C., as esculturas expresaron máis os motivos budistas, incluíndo representacións da vida e ensinos de Siddharta Gautama, como as que poden atoparse nas gardas que rodean as estupas da época.

Aínda que na India había unha gran tradición de escultura e dominábase o arte iconográfico, Siddharta non era representado nunca antropomórficamente, senón sempre a través de símbolos. Algúns deles son:

  • A Roda da Lei (dharmachakra), que representa as Catro Nobres Verdades expresadas por Siddharta.
  • A Árbore Bodhi, en referencia á árbore onde Siddharta estaba cando se iluminou. Poden atoparse antecedentes a este símbolo nalgúns cultos aos deuses da fertilidade e en representacións da árbore da vida.
  • A Pegada do Bhudda (Buddhapada "Pé do Buddha"), representando o impacto dos ensinos de Siddharta no mundo.
  • O Trono Baleiro.
  • Os Leóns, símbolo da realeza. Siddharta era coñecido como o "León Shakya" durante o Imperio de Aśoka, por isto os leóns poden verse nos alicerces que quedaron esparexidos ao longo de India.
  • As Columnas que sosteñen a roda, simbolizando o seu ensino.
  • A Flor do Loto (Nelumbo nucifera), símbolo da primeira natureza de Siddharta, polo seu fermoso florecer e a imposibilidade da auga de adherirse a el, atopándose sempre terso.

O rexeitamento á representación antropomórfica de Siddharta Gautama (ata na escena narrativa, onde aparecen outras figuras humanas) e o sofisticado desenvolvemento da simboloxía preicónica, parecen estar conectados cunha dos ensinos de Siddharta en Dighanikaya, na que condenou representacións del tras a extinción do seu corpo. Esta tendencia perdurou como moito ata o século II dC nalgunhas partes do sur de India, na arte da Escola Amaravati. Algúns sosteñen que poderían haberse tallado en madeira representacións directas de Siddharta con anterioridade pero, de ser así, estas perdéronse co tempo e non hai ningún tipo de evidencia arqueolóxica da súa existencia.

Etapa icónica (século I d.C. ao presente)[editar | editar a fonte]

Gandhara, século I.
Mathura, século II.

As representacións antropomórficas de Buda comezaron a aparecer a partir do século I d.C. no norte de India. Os dous principais centros de creación foron identificados como Gandhara no actual Punjab, en Paquistán e na rexión de Mathurā, ao norte de India.

A arte en Gandhara estivo exposto á influencia da cultura grega durante séculos a partir das conquistas de Alexandre o Grande en 332 a.C. e da subsecuente creación dos reinos greco-bactriano e indo-greco, que conduciron ao desenvolvemento do arte greca-budista. A escultura budista de Gandhara mostra influencia artística grega; tamén se suxeriu que o concepto de “home-dios“ foi inspirado pola cultura mitolóxica grega. Artisticamente, dise que a escola de escultura de Gandhara achegou á arte budista cabezas de pelo ondulado, roupaxe sobre os ombreiros, zapatos e sandalias, etc.


A arte de Mathura tende a estar baseado en fortes tradicións indias, tales como a representación antropomórfica de divindades como o Yaksas, aínda que nun estilo arcaico comparado coas posteriores representacións de Buda. A escola de Mathura contribuíu con roupaxe que cobre o ombreiro esquerdo, muselina fina, a roda na palma da man, a cadeira de loto, etc.

Mathura e Gandhara tamén se influíron entre elas. Durante o florecemento artístico, as dúas rexións estiveron unidas politicamente baixo o Imperio Cuxano, ao ser ambas as cidades capitais do imperio. Aínda está en debate se a representación antropomórfica de Buda foi esencialmente o resultado dunha evolución local da arte budista en Mathura, ou se foi unha consecuencia da influencia cultural grega en Gandhara polo sincretismo greco-budista.


Esta arte cónico caracterizouse desde o principio por un idealismo realista, que combina figuras humanas realistas, proporcións, actitudes e atributos, xunto cun sentido da perfección e serenidade que tende a alcanzar o divino. A expresión de Buda de home tanto como de deus se converteu no modelo iconográfico para a arte budista subsecuente.

A arte budista continuou a desenvolverse na India durante varios séculos máis. As esculturas en pedra calcaria rosada de Mathura evolucionaron durante o período gupta (séculos IV ao VI) ata alcanzar un alto grao de finura de execución e delicadeza no modelado. A arte da escola de Gupta foi extremadamente influente en case todo o resto de Asia. Cara ao século XX, a creación na arte budista extinguíase na India ao prevalecer finalmente o hinduísmo e o Islam.

Mentres o budismo expandíase fóra da India a partir do século I d.C., as súas formas artísticas orixinais mesturábanse con outras influencias, que levaron a unha diferenciación progresiva entre os países que adoptaron esa relixión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]