Arroz inflado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xaponés: ポン菓子 (Pongashi).
Arroz inflado.

O arroz inflado é un tipo de gran inflado elaborado a partir de arroz, normalmente quentando os centros dos grans de arroz a alta presión en presenza de vapor, porén o método de fabricación admite moitas variantes. Adóitase consumir polo almorzo con leite frío ou morno.

Historia[editar | editar a fonte]

O pori (tamil: பொரி) ou arroz inchado meniónase en varias obras locais como ofrenda para as deidades hindús. Aparece mencionado como ofrenda para Vinayagar con rapaduras (doces) no Tiruppugazh, unha escolma de cantigas relixiosas támiles do século XV escrita polo poeta Arunagirinathar.

Uso[editar | editar a fonte]

O arroz inflado úsase coma aperitivos e cereais para o almorzo, e tamén é un xantar de tomar pola rúa nalgúns lugares do mundo, especialmente na India. Hoxe en día atópase nos supermercados de todo o mundo coma alimento industrial, especialmente en coñecidas marcas de cereais.

O arroz inflado na India[editar | editar a fonte]

O arroz inflado é un ingrediente do bhel puri, un popular chaat (galletiña de petisco) indio. Úsase tamén en templos e gurdwaras (lugares de culto) como prasad.

O pori ofrécese ás deidades hindús en todas as pujas do estado indio de Tamil Nadu. A elaboración de pori é o principal negocio familiar dende hai séculos en moitos pobos arredor de Namakkal e Avinashi, distribuídose por todo o país e incluso no estranxeiro.

Un arroz inflado tradicional chamado muri (ás veces mouri) elabórase quentando o arroz nun forno cheo de area. O muri é ao arroz o que os flocos de millo ao millo. O proceso implica facer menos perecedeiro o arroz. O muri é un alimento básico en moitas partes de Rayalaseema, Karnataka do Norte, Bengala e Bangladesh. Unha receita moi popular con muri é o jhalmuri ou bhelpuri.[1]

O arroz inflado denomínase mur-mure nalgunhas partes da India. En moitas zonas de Rayalaseema e Karnataka do Norte, o uggani é popular xunto co mirapakai bajji (bajji de guindilla).

Notas[editar | editar a fonte]