Ártabros
Os ártabros ou arrotrebas eran unha tribo de orixe celta asentada no noroeste da actual España. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada do propio Xulio César no ano 62 a. C..
Xunto con Célticos e Nerios parecen configurar un grupo diferenciado dentro do pobo dos Galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses Galaico-Lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cossu (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto dos Galaicos tamén é comentada por Estrabón:
Estrabón refírese aos célticos da Beturia, asentados no val do actual Guadiana, e aos Túrdulos célticos da costa media de Portugal. Se desertaron tras cruzar o Río Limia, despréndese que non atoparon en Brácaros e Callaecos, as mesmas relacións de identidade que cos célticos do norte
[editar] Ligazóns externas
[editar] Notas
- ↑ Estrabón 3.3.5:
|
||||||||||||||