Lingua aromanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arromanés")
Aromanés
armãneashce
Outros nomes: armãneashti, limba armãneascã
Falado en: Grecia Grecia
Flag of Albania.svg Albania
Romanía Romanía
República de Macedonia República de Macedonia
Serbia Serbia
Bulgaria Bulgaria
Total de falantes: 300.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-oriental
    Aromanés
Escrita: alfabeto latino
(variante aromanesa)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Recoñecida como lingua minoritaria na República de Macedonia
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: rup
ISO 639-3: rup
South-Balkan-Romance-languages.png

O aromanés ou arromanés, tamén coñecido como macedorrumano ou valaco (limba armãneascã, Armãneashti ou Armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arumano ou arrumano.

Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arumano tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés. Unha das súas características fonéticas peculiares é a perda da f- inicial latina (do mesmo xeito que en castelán): ferrum → her ("ferro"), aínda que este mesmo trazo compárteo tamén co meglenorromanés.

Este idioma actualmente é falado en comunidades espalladas entre os seguintes estados: Estados Unidos, Francia, Australia, Alemaña, Grecia, Bulgaria, Romanía, República de Macedonia, Albania e Serbia; tal dispersión explícase porque durante séculos a maior parte dos arromaneses (chamados outrora polos eslavos "kutzovalacos" e, dadas as semellanzas no seu modo de vida cos rom ou xitanos, "tsintaros") viuse forzada a un modo de vida transhumante en carromatos, seguindo circuítos dentro do sur da Península dos Balcáns.

Exemplo da lingua[editar | editar a fonte]

Tatã a nostru
cai eshci pi tser,
s-ayisascã numa a Ta,
s-yinã Amirãrilja a Ta,
s-facã vreare-a Ta,
cum pi tserlu,
ashi sh-pisti loc.
Pãne-a nostrã atsea di cathi dzuã dã-nã-u sh-azã
shi ljartã-nã amãrtiile-a noastre
ashi cum lji-ljirtãm sh-a amãrtoshlor a noshci.
Shi nu nã-du la pirazmo,
ala aveaglji-nã di atsel arãulu.
Cã a Ta easte Amirãrilja shi puteare
a Tatãlui shi Hiljlui shi a Ayului Spirit,
torã, totãna shi tu eta-a etilor.
Amen.

(o Noso Pai - fonte)

Tuti iatsãli umineshtsã s-fac liberi shi egali la nãmuzea shi-ndrepturli. Eali suntu hãrziti cu fichiri shi sinidisi shi lipseashti un cu alantu sh-si poartã tu duhlu-a frãtsãljiljei.

(Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)