Arrecife Winslow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do arrecife Winslow
Localización do arrecife Winslow

O arrecife Winslow é un arrecife de coral submarino pertencente ao grupo de Illas Fénix, na República de Kiribati, localizado a 200 km nor-noroeste da Illa McKean. Ten polo menos unha profundidade de 11 metros, 1,6 km de lonxitude de leste para oeste, e 0,8 km de ancho. O fondo está cuberto de coral rosa e area vermella.

Frecuentemente, é confundido co Arrecife Winslow das Illas Cook (20°38′S 160°56′O / -20.633, -160.933).

O Arrecife Winslow é mencionado por Robert Louis Stevenson, quen en 1889 navegou pola área onde se cría que estaba, pero non o puido atopar.