Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial / ionosférico. |
| Fabricante | |
| Organización | Laboratorio Nacional dos Álamos |
| Data de lanzamento | 25 de abril de 1993[1][2][3] |
| Foguete portador | Pegasus[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Edwards da Forza Aérea[2] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X e estudio dos efectos dos relámpagos e explosións nucleares na ionosfera.[2] |
| NSSDC ID | 1993-026A |
| Masa | 113 kg[2][4] |
| Potencia | 50 W[2][5] |
| Baterías | Catro baterías de níquel-cadmio.[5] |
| Inclinación | 69,8°[6] |
| Apoapse | 746 km[6] |
| Periapse | 741 km[6] |
Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors, tamén coñecido polo seu acrónimo ALEXIS, é un observatorio espacial en raios X lanzado o 25 de abril de 1993 mediante un foguete Pegasus desde a base Edwards da Forza Aérea.
Características [editar]
ALEXIS adicouse á observación do ceo en raios X suaves mediante seis telescopios funcionando por parellas. A súa misión consistía en facer unha exploración do fondo de raios X suaves de todo o ceo, observar fontes coñecidas brillantes no ultravioleta extremo, buscar eventos transitorios en raios X e estudar as erupcións estelares.[6]
Ademais levaba a bordo un experimento (denominado Blackbeard) que consistía nun receptor de VHF de alta velocidade que foi usado para estudar o efecto dos raios e dos impulsos electromagnéticos das explosións nucleares na transmisión a través da ionosfera.[2]
Foi lanzado mediante un foguete Pegasus desde un avión B-52, pero durante o lanzamento quedou danado un dos paneis solares. Aínda que o lanzamento puxo en órbita o satélite, non se conseguiu contactar con el e recuperar o control ata tres meses despois do lanzamento.[2]
A alimentación eléctrica era proporcionado por catro paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio e producindo unha potencia de ata 50 vatios. O ordenador de a bordo usaba procesadores 8086C redundantes e tiña un sistema de almacenamento en estado sólido cunha capacidade de 100 Mbytes. O sistema de comunicacións usaba a banda S, cunha taxa de descarga de 750 kbps e unha taxa de subida de 9,6 kbps. O satélite apuntaba na dirección antisolar e estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 2 revolucións por minuto. A precisión do apuntado, usando sensores solares e de limbo, chegaba a 0,1 graos. O control de actitude conseguíase mediante o par producido por bobinas magnéticas.[5]
Notas [editar]
- ↑ "ALEXIS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=22638. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Alexis" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1993-026A. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 14 June 1994 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (94-24370(E)). 13 de xuño de 1994. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=268.
- ↑ 4,0 4,1 "ALEXIS (P89-1B)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/alexis.htm. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "ALEXIS" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/alexis.htm. Consultado o 18 de decembro de 2011.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "ALEXIS (Array of Low Energy X-ray Imaging Sensors)" (en inglés). 2011. http://www.daviddarling.info/encyclopedia/A/ALEXIS.html. Consultado o 18 de decembro de 2011.