Arracada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Pontevedra. Arracadas barquiformes decoradas con filigrana e granulado, ademais de posibles motivos de "moscas" ou "abellas".

Arracada é un sinónimo de pendente, é dicir, a xoia coa que se adorna a orella. É un nome habitualmente empregado para referirse á artesanía popular. Tamén é o nome que adoitan empregar os arqueólogos cando falan deste tipo de xoias na época antiga ou na idade de ferro. Son especialmente famosas as arracadas de ouro da cultura castrexa galaica, decoradas con espectaculares motivos de filigrana e granulado, como por exemplo as do tesouro de Bedoya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez Outeiriño, B. (1982). De ourivesaria castrexa: arracadas. I. Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial. 
  • Lorenzo Fernández, X. (1944). "La arracada posthallstática de Irixo". Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (XIV): 127–136.