Arquipélago de Las Aves
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Arquipélago de Las Aves pertence á República Bolivariana de Venezuela, de aproximadamente 3,35 km² administrado como unha das Dependencias Federais Venezolanas, situados entre Bonaire ao oeste e o Arquipélago de Los Roques ao leste, ao norte dos estados venezolanos de Aragua e Carabobo, 12°00′N 67°40′W / 12°N 67.667°W. Na actualidade teñen importancia principalmente para a pesca.
O arquipélago está formado principalmente por dous complexos arrecifales:
- Aves de Barlovento, o grupo oriental, un arrecife con 8 km diámetro e tres cayos no suroeste
- Aves de Sotavento, o grupo occidental, cun cayo cuberto con manglar, no sur
En total, hai 13 cayos en ambos os dous grupos. Non debe confundirse con Illa de Aves, que se atopa moito máis afastada das costas venezolanas.