Arquidiocese católica latina de Bagdad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese de Bagdad
Archidioecesis Bagdathensis Latinorum
—Arquidiocese católica latina en Iraq
Datos xerais
Erixida6 de setembro de 1632
LocalizaciónIraq
Información
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoJean Benjamin Sleiman

A arquidiocese de Bagdad dos latinos (en latín: Archidioecesis Bagdathensis Latinorum) é unha sé da igrexa católica latina, inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2012 contaba con arredor de 1.000 bautizados. O seu arcebispo actual é Jean Benjamin Sleiman.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Babilonia (ou Bagdad) foi erixida o 6 de setembro de 1632, e comprendía ás catro provincias de Mesopotamia: Bagdad, Basora, Mosul e Emid.

Coa ocupación otomá de Mesopotamia en 1638, a sé foi transferida e unida á de Isfahán, e o bispo estaba representado en Bagdad por un vigairo apostólico coa función de administrador apostólico. Entre 1719 e 1773 os bispos volveron a residir en Bagdad. Dende esta data e durante case cincuenta anos a sé permaneceu vacante, e non foi até 1820 que se puido nomear un bispo latino para a Mesopotamia.

A diocese foi elevada a arquidiocese o 19 de setembro de 1848 coa bula Romanorum Pontificum do papa Pío IX. No século XIX abranguía os territorios de Mesopotamia, Curdistán e Armenia Menor. Nestas terras o arcebispo de Bagdad exercía tamén a función de delegado apostólico; e tamñen durante boa parte do século XVIII exerceu o cargo de administrador apostólico da arquidiocese latina de Isfahán en Persia, e de representante da Santa Sé ante o Patriarcado de Babilonia dos Caldeos.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de rito latino de Iraq, co seu territorio dividido en tres parroquias. A sé arcebispal é a cidade de Bagdad, onde se atopa a catedral de San Xosé.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]