Arqueoloxía pública

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arqueoloxía pública (do inglés Public Archaeology) ou arqueoloxía comunitaria (do inglés Community Archaeology) coñecida como arquoloxía do pobo para o pobo, traballo local ou de campo. Os termos poden ser intercambiables, algúns cren que é arqueoloxía comunitaria (no senso de colaborativa), pero tamén é unha forma de arqueoloxía pública, que pode incluír outros moitos modos de práctica. O concepto está en uso dende principios do século XXI na terminoloxía saxona.

O proxecto, os obxectivos, as comunidades involucradas, e métodos en proxectos de arqueoloxía comunitaria varían moito, pero xeralmente hai dous aspectos comúns atopados en tódolos proxectos. En primeiro termo, arqueoloxía comunitaria supón implicar ás comunidades locais na planificación e execución de proxectos de investigación que son de interese directo para eles. En segundo termo, os arqueólogos cren na comunidade, xeralmente eles están facendo unha diferenza altruísta. Moitos estudiosos argumentan sobre o tema que a colaboración da comunidade non ten un método predefinido. A pesar de non ser atopado en tódolos proxectos, hai unha serie de efectos recorrentes e metas en arqueoloxía comunitaria. Semellanzas tamén atópanse en distintos países e rexións, debido a aspectos comúns nas comunidades arqueolóxicas, leis, institucións e tipos de comunidades. Tamén foi suxerido que pode ser definido arqueoloxía pública en sentido amplo, como a produción e o consumo de recursos arqueolóxicos.

Índice

Historia da arqueoloxía pública[editar]

En 1972, Charles McGimsey publica o seu libro Public Archeology[1] e nel por primeira vez o termo e a súa definición formal. No libro céntrase en cuestións como a participación das comunidades locais e a interacción coas comunidades indíxenas de norte América. A situación de desconfianza e malos entendidos viña producíndose de lonxe. O considerado pai da arqueoloxía norteamericana Thomas Jefferson tiña escavado emplazamentos á marxe da comunidade nativa americana.

Iniciativas na Galiza[editar]

A Lanzada, escavacións en 1950.

En Galiza son moitas as escavacións nas que de un ou de outro xeito teñen participado persoas das comunidades locais. Nun principio estas labouras limitábanse á contratación de man de obra. Peóns e labregos que por un xornal traballaban segundo unha metodoloxía definida e en moitos casos limitada. A incorporación de estudantes ás escavacións achegou as labores a persoas que se ven non formaban parte do proxecto, en moitos casos eran actividades de campamento de verán, por tempadas moi limitadas e sen continuidade.

A chegada de novos arqueólogos e a implicación cada vez máis de poboacións locais nas actividades supuxo a necesitada dun mutuo coñecemento como por exemplo en proxectos recentes como no castro da Lanzada. Nestas escavacións dirixidas polo CSIC permitiuse que as persoas interesadas visitasen os traballos de escavación e ata participasen facendo pequenas achegas. O proxecto incluíu un ciclo de charlas e conferencias pola zona dando a coñecer o que alí se estaba a facer. Amosando os materiais alí atopados e explicando o contexto.

En 2011 fíxose un proxecto moito máis próximo á arqueoloxía comunitaria dirixido ca supervisión de Antón Fernández Malde e Manuel Gago Mariño pero feito por voluntarios na Pena Furada en Coirós. Alí realizouse unha intervención completa amosada día a día na web. A escavación da contorna dun penedo onde se atopou unha figura humana co sexo feminino moi destacado, coñecida como A Moura levou á descuberta dun santurario. A laboura arqueolóxica completouse con charlas e conferencias dadas en locais da zona: bares, locais sociais ou culturais.

Notas[editar]

  1. McGimsey, Ch. (1972) (en inglés). Public archeology. Nova York: Seminar Press.

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

Ligazóns externas[editar]