Atol Arorae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arorae»)
Arorae
Atol Arorae
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) 1.225 hab.
Superficie 9´5 km²
Superficie lagoa non ten lagoa
Nº de illas 1
Coordenadas 2°38′37″S 176°49′54″L / -2.64361, -176.83167
Maior Altura
Localización
Localización do atol Arorae

Arorae (anteriormente coñecido como Arorai, Arurai, Illa Hope ou Hurd) é un atol do grupo de illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati. Está localizado preto da liña ecuatorial no océano Pacífico central.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol ten unha área de 9,5 km² e unha poboación de ao redor de 1225 habitantes (2000), dos cales a maioría son protestantes. As aldeas mais grandes da illa son Roreti, Tamaroa e Taribo.

O atol é unha illa coralina baixa e plana con forma alargada. Mide 9 km de longo por 1 km de ancho. Como é un atol moi pequeno, non posúe ningunha lagoa interior.

Asentamentos[editar | editar a fonte]

Nanimona, Roreti, Tamaroa, Tamoa.

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura Arorae foi influenciada máis por Samoa que por outras das Illas Gilbert. Isto é porque misioneiros de Samoa establecéronse na illa e converteron á poboación á Igrexa Protestante.