Arnuwandas II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arnuwandas II (rei hitita sobre o -1340), era fillo de Suppiluliumas I.

Fixo diversas campañas co seu pai como príncipe herdeiro. Sucedeu ao seu pai, que morrera vítima dunha epidemia pero el mesmo había morrer da mesma epidemia ao cabo duns meses sen deixar herdeiro. No seu curto reinado contribuíu a restablecer Manapa-Tarhunta I como rei de Seha.

A súa enfermidade provocou revoltas nas zonas onde o poder hitita estaba menos consolidado. Como novo rei foi proclamado o seu irmán pequeno Mursilis II, no cal o pobo tiña pouca confianza.


Hititas

Segue a:
Suppiluliumas I
Arnuwandas II
Precede a:
Mursilis II
-