Búfalo acuático salvaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arni»)
Búfalo acuático salvaxe.

O búfalo acuático salvaxe ou arni, Bubalus arnee (Robert Kerr, 1792), é un gran bovino propio do sueste asiático.

O bufalo aucático salvaxe é o antecesor do doméstico, ou búfalo de río, do subcontinente indio (Bubalus bubalis bubalis) e tamén do carabao ou búfalo de pantano (Bubalus bubalis carabanesis), de Filipinas, e o segundo maior bóvido salvaxe, só tras o gaur.

A especie considérase en perigo, segundo a Lista Vermella da UINC, desde 1986, ao ter, daquela, unha poboación de 4.000 individuos, con menos de 2.500 individuos maduros.[1]

A súa poboación estimada (en 2010) era de 3.400 individuos, dos cales 3.100 (o 91 %) vivían na India, principalmente en Assam.[2]

É de maior tamaño e máis pesado do que o doméstico. Pode chegar aos 1.200 kg, cunha lonxitude de 240 a 300 cm, máis de 60 a 100 cm de cola, e unha altura na cruz de 150 a 190 cm. Ambos os sexos teñen cornos largos na base, diverxentes, e cunha envergadura entre as puntas de até os 2 m. A coloración vai da gris cinza á negra. O pelo é moderadamente longo, cunha guedella na fronte.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUCN 2008. Hedges, S., Sagar Baral, H., Timmins, R.J., Duckworth, J.W. Bubalus arnee
  2. Choudhury, A. (2010): The vanishing herds: the wild water buffalo. Gibbon Books, Rhino Foundation, CEPF & COA, Taiwan, Guwahati, India.
  3. Nowak, R. M. (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1. The Johns Hopkins University Press, Baltimore, USA and London, UK.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]