Arnefrido de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arnefrido (? – Nimis, 663) foi un duque longobardo de Friúl, fillo de Lupo, duque de Friúl

Á morte do seu pai Lupo, morto en batalla ante os ávaros que invadiran o ducado de Friúl chamados polo rei longobardo Grimoaldo (que quixera deste xeito castigar a rebelión do duque), Arnefrido reclamou para si o trono ducal. Grimoaldo, porén, atopábase aínda no ducado co seu exército; así Arnefrido, teméndoo, buscou refuxio onda os veciños eslavos, en Carnunto. Desde aquí partiu, á fronte dos mesmos eslavos, cara a Italia, coa intención de reconquistar o ducado; pero foron os mesmos longobardos friulanos quen o detiveron, asaltándoo e matándoo preto do castelo de Nimis, non distante de Cividale (663). No seu posto, Grimoaldo nomeou duque ao fiel Vechtari.

Fontes[editar | editar a fonte]