Army Moves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Army Moves é un videoxogo desenvolvido por Dinamic Software para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, MSX e ZX Spectrum en 1986. No ano 1989 saiu en España unha versión para DOS.

Comandamos un membro do Corpo de Operacións Especiais que ten a misión de infiltrarse no Cuartel Xeneral inimigo para atopar os planos dunha bomba de partículas, para chegar ata alí dispoñemos dun jeep equipado con misis terra-aire.