Armstrong Whitworth Meteor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armstrong Whitworth Meteor
Gloster Meteor NF.11 da Royal Air Force en Kemble, Inglaterra
TipoCaza
FabricanteArmstrong Whitworth

O Armstrong Whitworth Meteor foi un caza nocturno británico baseado no Gloster Meteor e fabricado por Armstrong Whitworth. Ata o 1951, o Mosquito foi o caza nocturno normalizado pola RAF e precisábase un caza nocturno a reacción equipado con radar. A Gloster estaba ocupada na construción de cazas diúrnos Meteor, de xeito que Armstrong Whitworth en cargouse de producir o Meteor nocturno. O prototipo converteuse dun Meteor T.Mk 7, a variante bipraza de adestramento, e voou o 31 de maio do 1950. O primeiro modelo nocturno, o NF.Mk 11, entrou en servizo en xaneiro do 1951 e seguíronlle os NF.Mk 12, 13 e 14. O Meteor foi substituído a partir do 1956 polo Javelin; a derradeira unidade, o Escuadrón 60 de Tengah (Singapur), realizou a transición no 1961. Algúns Meteor nocturnos excedentes serviron ata 1968 en misións de instrución e remolque de brancos.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Caza nocturno bipraza Armstrong Whitworth Meteor NF.Mk 11.
  • Construtor: Armstrong Whitworth.
  • Ano: 1950.
  • Principal usuario: Royal Air Force.
  • Envergadura: 13,10 m.
  • Lonxitude: 14,78 m.
  • Altura: 4,24 m.
  • Area alar: 34,74 m².
  • Peso cargado: 8.976 kg.
  • Planta motriz: 2 Rolls-Royce Derwent de 3.600 libras de pulo unitario.
  • Armamento: 4 canóns de 20 mm na ala.
  • Velocidade máxima: 579 millas/h a 10.000 pés.
  • Alcance operacional: 920 millas.