Armindo Pintos Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pintos
Información persoal
Nome Armindo Pintos Crespo
Nacemento 6 de febreiro de 1940
Lugar de nacemento O Porriño
Falecemento 1 de setembro de 2020
Lugar de falecemento Vigo
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Zeltia Porriño
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1966 Celta de Vigo 178 (23)
1966–1967 RCD Espanyol 1 (0)
1967–1968 Gimnástica de Torrelavega 21 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Armindo Pintos Crespo[1] nado no Porriño o 6 de febreiro de 1940 e finado en Vigo o 1 de setembro de 2020,[2][3] foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Zeltia Deportivo, un club da súa vila natal, fichou polo Celta de Vigo a comezos do ano 1959 como máis xogadores, nun intento da directiva de non descender esa tempada a Segunda División, non conseguiron o obxectivo pero Pintos fíxose cun sitio no equipo.

Militou oito tempadas no Celta, todas elas excepto a primeira na Segunda División, a pesar de que o equipo rozou o ascenso en varias ocasións. A súa mellor tempada como céltico foi a 1964/65, na que foi, xunto con Téllez e Goyarán, o máximo goleador do equipo con 6 goles.

Antes do comezo da tempada 1966/67 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo RCD Espanyol co que tiña a oportunidade de volver xogar en Primeira División, porén so disputou un encontro co equipo catalán. A final de tempada fichou polo Gimnástica de Torrelavega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén escrito Hermindo ou Hermino.
  2. "Fallece el excéltico Hermindo Pintos". La Voz de Galicia. 3 de setembro de 2020. 
  3. "Fallece a los 80 años el excéltico Hermino Pintos". Faro de Vigo. 4 de setembro de 2020.