Armathia - Αρμάθια

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armathia - Αρμάθια
Vista da illa
[[Ficheiro:|330px| ]]
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Exeo
Arquipélago Dodecaneso
Linguas Grego
Poboación (2001) Deshabitada
Superficie 2´6 km²
Densidade
Coordenadas 35°26′12″N 26°51′49″E / 35.43667°N 26.86361°E / 35.43667; 26.86361
Maior altura 111 m
Localización
Localización  da illa

Armathia (grego: Αρμάθια) é unha pequena illa volcánica do arquipélago do Dodecaneso no sueste do Mar Exeo, podendo ser considerado un illote da veciña illa de Kasos, de cuxa costa noroeste dista só 3 km e a cuxa municipalidade pertence administrativamente. Con só 3´2 km de. lonxitude, 1´6 km de largura máxima e unha superficie de 2´567 km², a illa está actualmente deshabitada.[1] A illa contén importantes depósitos de xeso que no pasado foron excavados a ceo aberto, o que deu lugar á formación dun lago salgado na parte leste da illa. No período en que a explotación de xeso estivo activa, a illa tiña cerca de 100 habitantes permanentes. Na actualidade a illa é visitada por turistas, en visitas diarias que parten da veciña illa de Kasos, existindo nela un observatorio da vida salvaxe.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Armathia constitúe a parte emerxida principal dun conxunto de illotes e arrecifes que se estende no sentido leste-oeste, paralelo á costa da illa de Kasos, da cal dista cerca de 3 km.

A illa ten só 3,2 km de lonxitude, 1,6 km de anchura[2] e unha superfície de 2,567 km². O punto máis alto da illa está a só 111 m por enriba do nivel do mar. Como resultado da explotación de xeso, na parte noroeste da illa existe un lago salgado ocupando unha escavación que descendeu por debaixo do nivel do mar.

A illa e os illotes veciños forman parte do territorio da municipalidade de Kasos[3], o cal se integra administrativamente no distrito administrativo (Periferia) de Karpathos e illas do sur do Exeo (grego: Περιφερειακή Ενότητα Καρπάθου).

A pesar de non estar habitada permanentemente, a illa ten numerosas ruínas e algúns edificios que continúan a ser mantidos, entre eles a igrexa de Ipapantí (grego: Υπαπαντή) na cal organizase anualmente un festival o día 2 de Febreiro[4], conmemorando a festa da Presentación do Señor do rito bizantino (o Υπαπαντή ou Hypapante), o encontro no Templo de Xerusalén de Xesús co profeta Simeón e a profetisa Ana.

O territorio da illa integrase na Rede Natura 2000, formando en conxunto cos illotes e arrecifes adxacentes unha área natural protexida con 15´73 km², boa parte da cal é mariña. A zona especial de conservación recibe a designación comunitaria GR 4210001 - Kasos e Kasonisia (Κάσος και Κασονήσια).).

A vexetación natural da illa é esencialmente a frigana, a cal ven a reocupando as antigas explotacións agrícolas. A pesar diso a rexión costeira continúa esencialmente desértica, con dunas degradadas. A frigana da illa está dominada por especies como o Limonium graecum e o Teucrium gracile.

Historia[editar | editar a fonte]

Os depósitos de xeso do noroeste da illa foron explotados durante as últimas décadas do século XX, producindo nos seus mellores anos cerca de 8000 toneladas por ano. O xeso producido nas minas a ceo aberto da illa era exportado para portos como o Pireo, Odessa e Alexandria, dando emprego a cerca de 100 habitantes na illa, os cales complementaban os seus ingresos co cultivo das áridas terras e a crianza de animais domésticos.

No censo de poboación de 1951, a illa aínda tiña oito habitantes. Hoxe a illa está deshabitada, mais son frecuentes os turistas, xa que durante o verán a illa está comunicada por unha conexión diaria por barco a partir de Kasos, a illa máis próxima. O número de visitantes é tal que ameaza o equilibrio ambiental da illa.

A illa tivo un papel importante na Guerra da Independencia de Grecia, sendo utilizada polas forzas otomanas como base para o seu ataque de maio e xuño de 1824 que levou ao Masacre de Kasos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]