Armando Peñamaría Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArmando Peñamaría Álvarez
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Gobernador civil de Pontevedra
1935 – 1936
Gobernador civil da provincia de Murcia
29 de decembro de 1931 – 16 de agosto de 1932 – José María Varela Rendueles → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Armando Peñamaría Álvarez, nado na Fonsagrada en 1870 e finado na mesma vila o 1 de febreiro de 1955,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como médico titular e forense da Fonsagrada ata a proclamación da Segunda República. Home de confianza de Manuel Portela Valladares, dirixiu o periódico O Tío Pepe e foi presidente do Sindicato Agrícola da Fonsagrada nos anos vinte.[2] Próximo ao Partido Republicano Progresista o 30 de decembro de 1931 foi nomeado gobernador civil de Murcia. Portela Valladares nomeouno gobernador civil de Pontevedra o 21 de decembro de 1935.[3] Foi elixido deputado centrista nas eleccións xerais de 1936 pola provincia de Lugo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido sen mediar proceso, ingresando na Prisión de Lugo o 22 de setembro e encarcerado no castelo de Ferrol.[4] Salvou a vida grazas a intervención do capitán do penal, antigo compañeiro de estudos. Foi procesado por coacción electoral en 1939.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Fonsagrada con María Pasarín Neira en 1921.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 3-2-1955, p. 5.
  2. El Progreso, 9-6-1920, p. 1.
  3. Gobernadores civís durante a II República
  4. "Peñamaría, una vida de leyenda". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 09 de decembro de 2016. 
  5. El Pueblo Gallego, 23-11-1939, p. 5.
  6. El Eco de Santiago, 4-5-1921, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]