Aristoloquiáceas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As aristoloquiáceas son unha familia de plantas dicotiledóneas composta por aproximadamente 625 especies e 6 xéneros.
Características [editar]
Poden ser plantas herbáceas ou leñosas de follas sinxelas e alternas. Flores hermafroditas, xeralmente trímeras. Perianto dunha soa envoltura e en forma de tubo. Estames de 6 a 12. Pistilo ínfero con 6 lóculos. Froito en forma de cápsula.
Presente en zonas temperadas e tropicais; Europa, América, Ásia e África.
En Galiza está presente Aristolochia paucinervis como único representante desta familia.