Aristides Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristides Maria Pereira
Aristides Pereira

Presidente de Cabo Verde
8 de xullo de 1975 – 22 de marzo de 1991
Primeiro ministro Pedro Pires
Sucedido por António Mascarenhas Moreira

Datos persoais
Nacemento 17 de novembro de 1923
Boavista, Portugal Portugal
(actual Cabo Verde Cabo Verde)
Falecemento 22 de setembro de 2011
Coímbra, Portugal Portugal
Partido Partido Africano da Independência da Guiné e Cabo Verde (PAIGC),
Partido Africano da Independência de Cabo Verde (PAICV)
Profesión político

Aristides Maria Pereira, nado en Boavista o 17 de novembro de 1923 e finado en Coímbra o 22 de setembro de 2011, foi un político de Cabo Verde, sendo o primeiro presidente da república do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa vida profesional traballando como radio-telegrafista, onde chegou a xefe dos Servizos de Telecomunicacións, en Guinea-Bisau.

A partir da década de 1940 Aristides Pereira envolveuse na loita pola independencia de Cabo Verde. Xunto con Amílcar Cabral, fundou o Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), en 1956, asumindo o cargo de secretario xeral, en 1973.

Coa conquista da independencia, en 1975, Aristides Pereira fíxose o primeiro presidente da República de Cabo Verde, cargo que mantivo até 1991. Tralas eleccións democráticas, Aristides Pereira perdeu a presidencia para António Mascarenhas Monteiro.

Faleceu aos 87 anos. Estaba en Portugal desde principios de agosto, sendo operador en Coímbra tras fractura no colo do fémur, agravada pola condición de diabético.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aristides Pereira Modificar a ligazón no Wikidata