Ariperto II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ariperto chamado Ariperto II é un rei longobardo de Italia en 701 e logo de 703 a 712.
Traxectoria [editar]
Duque de Turín, fillo do rei Raghinperto, foi asociado ao trono a partir de 700. Deposto unha primeira vez por Liutperto, retoma o poder pouco despois e reina sen interrupción ata a súa derrota ante Ansprando en 712 e morre afogado no río Ticino. A súa morte marca o final da dinastía baiuvaria.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Liutperto |
Ariperto II | Precede a: Ansprando |