Ariperto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ariperto é un rei longobardo de Italia, fillo de Gundoaldo duque de Asti e sobriño da raíña Teodelinda.
Traxectoria[editar]
Nobre católico ligado á familia ducal baiuvaria, fai asasinar ao rei ariano Rodoaldo e toma o poder (653). Esfórzase en implantar o cristianismo nos ducados longobardos e funda o santuario do Salvador en Pavía, capital longobarda. Morto en 661.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Rodoaldo |
Ariperto | Precede a: Perctarito |