Argimiro Marnotes Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Lobás |
Alcalde do Carballiño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Fillos | Argimiro Marnotes Fernández |
Argimiro Marnotes Rodríguez, nado en Lobás (O Carballiño) é un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Arxentina, e ao retornar converteuse en pequeno empresario do metal. Entrou no Concello do Carballiño como concelleiro en 1972 polo terzo sindical, sendo nomeado alcalde en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde con maioría absoluta, revalidando o cargo nas eleccións municipais de 1983, encabezando a candidatura de Coalición Galega e logrando de novo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde outra vez, se ben perdeu a maioría absoluta. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Converxencia Centrista e, pese a volver sela forza máis votada, perdeu apoios e situouse ante un triplo empate a 5 concelleiros co PSdeG e o PPdeG. Chegou a un acordo de goberno co PPdeG polo cal estes asumirían a alcaldía. A finais de 1991 pasou a formar parte do PPdeG xunta o resto dos seus compañeiros. En 1995 volveu a ser elixido concelleiro polo PPdeG, se ben nesta ocasión pasou a formar parte da oposición trala vitoria do PSdeG de Pachi Vázquez. Continuou como concelleiro ata 1999.
Predecesor: Javier Perea Rodríguez |
Alcalde do Carballiño 1977 - 1991 |
Sucesor: José Luis García Rodríguez |
É pai do tamén político Argimiro Marnotes Fernández.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Paixón pola política local", artigo en La Voz de Galicia, 29 de xuño de 2008.