Ardarico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ardarico foi un Rei dos xépidos durante o século V. Segundo Xordanes, o historiador do século V, era un dos seguidores máis ferventes de Atila, ao que Atila "apreciaba por enriba de todos os demais xenerais". Aínda que Ardarico se desatacaba pola lealdade e pola sabedoría, alzouse en armas contra os fillos de Atila logo da súa morte, aos que derrotou na Batalla de Nedao acabando así coa supremacía dos hunos en Europa.