Arcipreste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arcipreste é o título dun sacerdote encargado de administrar e dirixir un arciprestado dunha diocese, que engloba a varias parroquias. Este título utilízase tanto na Igrexa católica como na Igrexa ortodoxa.

Antigamente o arcipreste era o sacerdote máis antigo dunha igrexa diocesana ou ben aquel que designaba o bispo como máis eminente. A súa función principal consistía en substituír o bispo, por exemplo por enfermidade, nas cerimonias de culto.

O Concilio de Trento só os menciona para determinar como deben facer, en nome do bispo, a visita ás parroquias.

En España, o Concordato de 1851 reduciu a dignidade do arcipreste á segunda do cabido —a primeira é a de deán— e determina que os arciprestes rurais deben seren nomeados polo bispo entre os párrocos dunha comarca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]