Arciprestado de Trasdeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O arciprestado de Trasdeza foi un dos 29 arciprestados da diocese de Lugo, que comprendía 31 das 33 parroquias do concello pontevedrés de Silleda xunto coa parroquia de Merza do concello de Vila de Cruces, quedando desde 2010 incluído no arciprestado de Deza-Trasdeza. O seu nome débese ao nome que daban os xeógrafos de Lugo ás terras de Silleda, antiga xurisdisción de Trasdeza (tras Deza = alén do Deza).

Situación[editar | editar a fonte]

Situado na franxa máis occidental da diocese lucense, engloba a práctica totalidade do concello de Silleda. Co arciprestado de Ulla polo norte, o de Deza polo leste e sur, o de Montes polo sur e o de Tabeirós polo oeste, o arciprestado de Trasdeza encáixase nun paraxe con abundantes monumentos eclesiásticos.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa María de Cortegada

A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.

No século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto, como a denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Fórmano as seguintes parroquias: Santa María de Abades, San Pedro de Ansemil, Santiago de Breixa, Santa María de Carboeiro, San Mamede do Castro, San Salvador de Cervaña, San Cibrao de Chapa, Santa María de Cortegada, San Salvador de Escuadro, San Martiño de Fiestras, Santa María de Graba, San Miguel de Lamela, San Salvador de Laro, San Tirso de Manduas, San Fiz de Margaride, San Cristovo de Martixe, Santa María de Merza, San Mamede de Moalde, San Martiño de Negreiros, San Miguel de Oleiros, San Tomé de Parada, San Martiño de Pazos, San Xiao de Piñeiro, San Miguel de Ponte, San Paio de Refoxos, San Martiño de Rellas, San Xoán de Saídres, San Miguel de Siador, Santa Baia de Silleda, Santiago de Taboada, San Martiño de Vilar e Santa María de Xestoso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]