Architecture in Helsinki
| Architecture in Helsinki | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Melbourne, Australia |
| Período | 2000 - actualidade |
| Xénero(s) | Avant-garde Indie pop Twee pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Tailem Bend Polyvinyl Record Co. Scotland Yard Bar/None Trifekta Moshi Moshi |
| Membros | Cameron Bird Gus Franklin Jamie Mildren Sam Perry Kellie Sutherland |
| Antigos membros | Isobel Knowles Tara Shackell James Cecil |
| Web oficial | architectureinhelsinki.com |
Architecture in Helsinki é unha banda australiana do suburbio de Northcote en Melbourne. O grupo está formado por Cameron Bird, James Cecil, Gus Franklin, Jamie Mildren, Sam Perry e Kellie Sutherland.
Moitos dos seus membros tocan varios instrumentos, e este amplo rango de instrumentación utilizada é unha importante característica da súa música. Nas súas gravacións e nos seus concertos usan dende os máis novidosos sintetizadores ou sampler; pasando por instrumentos clásicos coma a trompeta, a tuba, o trombón ou o clarinete; sen esquecer as guitarras o baixo e a batería.
Architecture In Helsinki comezou a tocar no ano 2000, realizando frecuentes xiras nacionais e internacionais. Xiraron polos Estados Unidos con bandas como Death Cab for Cutie e Clap Your Hands Say Yeah e foron teloneiros de artistas como David Byrne, The Polyphonic Spree, Yo La Tengo e Belle & Sebastian.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Formación
Cameron Bird formou Architecture in Helsinki a finais dos 90 en Albury, Nova Gales do Sur. Bird e os seus compañeiros en Architecture in Helsinki Jamie Mildren e Sam Perry aran membros dunha banda adolescente de funk-grunge chamada The Pixel Mittens, e despois dun tempo como trío mudáronse a Melbourne. A banda realizou un ou dous pequenos concertos antes de parar durante algún tempo. No ano 2000, mentres estudaba fotografía nunha escola de arte, Bird coñeceu a James Cecil. Os dous conectaron musicalmente e meses despois Cecil uníuse á banda como baterista. Nese tempo Bird coñeceu a Kellie Sutherland nunha festa e convidouna a tocar o clarinete nalgunha das cancións do grupo.
A banda comezou a traballar no seu álbum de estrea pero as gravacións se pararon cando Bird pasou unhas longas vacacións nos Estados Unidos, deixando o traballo sen rematar. Ao regresar, inspirado polas súas experiencias en Portland, Oregon, compuxo a meirande parte dos temas para o álbum en seis días. Estás cancións, curtas e pegadizas, marcaron a nova dirección da banda. Novamente na escola de arte, Bird coñeceu a Isobel Knowles, Tara Shackell e Gus Franklin, que completarían a formación de Architecture in Helsinki. Os tres novos membros completaron os espazos restantes para rematalo, e despois de preto de dous anos de traballo Fingers Crossed foi editado o 9 de febreiro de 2003.
[editar] In Case We Die e cabios na formación
No ano 2005, Architecture in Helsinki editou o seu segundo álbum, In Case We Die, a través do seu propio selo Tailem Bend. No álbum aparecen convidados varios músicos locais e da súa produción encargáronse The Carbohydrates (o dúa de produtores formado por James Cecil e Cameron Bird).
A mediados de ano 2006 informaron a través do seu MySpace de cambios na banda. Isobel Knowles e Tara Shackell deixaran o grupo debido a diferencias creativas.
O 28 de outubro do 2006 Architecture in Helsinki editou We Died, They Remixed, un ñalbum composto de remesturas de todos os temas de In Case We Die, e unha remestura da canción "Like a Call", do seu álbum de estrea. Entre os artistas que realizaron estas remesturas están Hot Chip, New Buffalo, Safety Scissors, DAT politics, Mocky e Isan.
[editar] Places Like This
En setembro de 2006, Architecture in Helsinki anunciou en Pitchfork Media que estaba a traballar nun novo álbum previsto para o 2007, e que os temas serían interpretados na súa xira de outono. No mes de febreiro do 2007 a banda informou no seu MySpace que o álbum chamaríase Places Like This. O traballo foi gravado e mesturado por Chris Coady, que antes traballara con TV on the Radio, Yeah Yeah Yeahs e Grizzly Bear. As gravacións realizáronse no estudio de Dave Sitek (de TV on the Radio) en Williamsburg, Brooklyn e nos Big Jesus Burger Studios en Sydney entre novembro do 2006 e xaneiro do 2007. O seu primeiro sinxelo, "Heart It Races", foi editado en maio do 2007, e o álbum apareceu o 28 de xullo.
"Heart It Races" foi nomeada ao premio ARIA ao sinxelo do ano. "Heart It Races" e "Hold Music" chegaron aos postos 19 e 36 na lista Triple J Hottest 100.
Durante o concerto de ano novo que a banda realizou o 1 de xaneiro de 2008 anunciaron que ese sería a última actuación de James Cecil con Architecture In Helsinki.
[editar] Actualidade
En novembro do 2008, Architecture in Helsinki lanzou un EP titulado That Beep, que se estreou no número 82 da lista australiana de sinxelos ARIA. A banda comezou a traballar nun novo disco, que inicialmente recibiu o nome de Vision Revision.
O 20 de outubro do 2010 a banda anunciou a través de Twitter que o seu novo traballo xa estaba rematado. O 31 de xaneiro do 2011, Architecture in Helsinki informou da data de edición, prevista para o 8 de abril, e da listaxe de cancións do álbum, agora titulado Moment Bends.
[editar] Discografía
- Fingers Crossed - 2003 (Trifekta/Bar/None Records)
- In Case We Die - 2005 (Tailem Bend/Bar/None Records/Moshi Moshi Records)
- We Died, They Remixed - 2006
- Places Like This - 2007 (Polyvinyl/Scotland Yard/Tailem Bend/Co-operative Music)
- Moment Bends - 2011