Arcas (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcas
Arcas.jpg
País de orixe Estados Unidos[1]
Tamaño
Altura 2,3 m
Diámetro 0,11 m
Masa 34 kg
Etapas 1
Historia de lanzamentos
Estado Retirado


Arcas (acrónimo de All-Purpose Rocket for Collecting Atmospheric Soundings) é o nome dun foguete sonda estadounidense que estivo en servizo entre 1959 e 1978.

Características[editar | editar a fonte]

Arcas foi principalmente un foguete meteorolóxico cun apoxeo de ata 52 km. Podía ser cargado por dúas persoas nun tubo de lanzamento, que quedaba pechado de tal xeito que os gases da combustión producían un lanzamento cunha velocidade inicial de 240 km/h. O motor do foguete funcionaba durante 30 segundos antes de esgotar o propelente. Tras entre 75 e 100 segundos, un cronómetro expulsaba o cono do morro para extraer a carga útil, que baixaba en paracaídas e medía temperatura e presión. O seguimento por radar proporcionaba datos de altura e velocidade do vento. Cargas útiles máis avanzadas incluían esferas en caída libre para medi-lo arrastre mediante seguimento por radar, medicións do ozono e pequenos experimentos biolóxicos.[1]

O Arcas foi usado, entre outros países, en Noruega e Nova Zelanda durante o período entre 1965 e 1968.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Arcas" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/arcas.htm. Consultado o 10 de decembro de 2011.
  2. William R. Corliss (1971). NASA SOUNDING ROCKETS, 1958-1968 - A Historical Summary.