Arcansas - Arkansas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcansas
State of Arkansas
Bandeira de Arcansas Selo de Arcansas
Bandeira Selo
Lema: Regnat Populus
Mapa dos EUA coa Arcansas en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Little Rock
Maior cidade Little Rock
Gobernador Mike Huckabee
Lingua oficial: inglés
Área 137.732 km² (29)
 - Terra 134.856 km²
 - Auga 2.876 km² (2,09%)
Poboación (2000)
 - Poboación 2.673.400 (33)
 - Densidade 19,82 /km² (34)
Entrada na Unión
 - Data 15 de xuño de 1836
 - Orde 25º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/5
Latitude 33°N a 36°30'N
Lonxitude 89°41'O a 94°42'O
Largo N-S 420 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 198 m
 - Máis elevado 839 m
 - Menos elevado 17 m
Códigos e abreviacións
 - USPS AR
 - ISO 3166-2 US-AR
Sitio web
www.arkansas.gov

Arcansas (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2.673.000 habitantes (2000). Uníuse á Unión en 1836.

Xeografía [editar]

O río Mississippi acompaña grande parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.[1] Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó este co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.

Arcansas é unha terra de montañas e vals, de densas florestas e fértiles planicies. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.

Notas [editar]