Arcadio López-Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arcadio López Casanova")
minatura

Arcadio López-Casanova, nado en Lugo en 1942, é un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nace en Lugo, pasa a súa infancia na casa da avoa paterna, nas terras do Páramo. Regresa a Lugo para estudar o bacharelato. Fai Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela entrando en relación cos mestres do galeguismo. Colabora asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas Festas Minervais e noutros certames literarios.

Xa de volta na súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fernández de la Vega, colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza a impartir docencia no Colexio Fingoi, baixo a dirección do profesor Ricardo Carvalho Calero, e pasa logo ao lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga.

En 1968 trasladouse a Valencia para ocupar unha cátedra de lingua e literatura españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 é profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia, onde imparte materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.

En 2012 foi elixido membro de honra da Real Academia Galega.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Profesor de Literatura e crítico literario, cultivou tamén o teatro e a literatura infantil. Os primeiros libros de López-Casanova reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia, a inocencia perdida, mesturada con dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo e das cousas, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra unha maior preocupación formal, empregando versos de longa andaina, entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditacións íntimas sobre a morte.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sonetos da esperanza presentida, 1965, Ronsel, Lugo.
  • Palabra de honor, 1967, Galaxia.
  • Liturxia do corpo, 1976, Edicións do Castro.
  • Memoria dunha edá (1960-1975), 1976, Akal.
  • Mesteres, 1976, Lindes-Cuadernos de Poesía, Valencia. 2ª edición corrixida publicada no 2003 en Xerais.
  • Antología personal, 1987, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Edición bilingüe galego-castelán.
  • Noite do degaro, 1994, Galaxia.
  • Do tempo posuído. Poesía (1960-2000), 2003, Espiral Maior.
  • Dicir unha razón: (varia silva de proverbios, ditados e glosas), 2006, Follas Novas.
  • Herdo do canto, 2006, PEN Clube de Galicia/Enaú.
  • Caeira dos días, 2007, Biblos Clube.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O bosque de Ouriol, 1973, Galaxia.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Hombre último, 1961, Celta, Lugo.
  • La oscura potestad, 1979, Adonais, Madrid.
  • Razón de iniquidad, 1991, UNED, Melilla.
  • Asedio de sombra, 1997, ONCE, Madrid.
  • En oscuro desvelo: poesía, 1972-2002, 2003. Obra poética completa.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Tío Mingos: cuentos de Galicia, 1958, edición do autor, Lugo.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea, 1979.
  • Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales, 1991.
  • La poesía romántica, 1991, Anaya.
  • Miguel Hernández, pasión y elegía, 1993, Anaya.
  • El texto poético, 1994, Colegio de España, Salamanca.
  • El relato fantástico: historia y sistema, 1998, Colegio de España, Salamanca.
  • Macrotexto poético y estructuras de sentido: análisis de modelos líricos modernos, 2007.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Con Eduardo Alonso[editar | editar a fonte]

  • Lenguaje, expresión literaria y lingüística española, 1971, Bello, Valencia.
  • El análisis estilístico (poesía/novela), 1975, Bello, Valencia.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Adonais no 1978, por La oscura potestad.
  • Gañador do Premio Internacional Ciudad de Melilla no 1991, por Razón de iniquidad.
  • Premio Tiflos no 1997, por Asedio de sombra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]